domingo, 26 de abril de 2020

SEMANA DO 27 DE ABRIL RETO OS MEDOS


Ola campións e campionas.Comezamos este novo trimestre con un reto.
Estades preparad@s para retar  os vosos medos?... Pois imos alá….

Para conseguir este reto que vos propoño tedes que visionar o seguinte corto de Pixar, titulado “Piper”. Trata sobre un paxariño que acaba de nacer e a nai anímao para ir a buscar comida, pero ten moito medo ao mar, logo de levar un bo susto, atopará un fiel compañeiro que lle axudará moito.
Premendo na seguinte ligazón ou imaxe podes ver o corto:

El secreto pedagógico detrás de “Piper”, el tierno y didáctico ...

De seguido propoñémosvos dous xogos para acadar o reto.

1ºXOGO ”ATRAPA MONSTRUOS”
Materiais que necesitas:
-       Folios
-       Lápiz, pinturas
-       Caixa “atrapa monstruos” de zapatos ou similar
Instruccións:
Cortar o folio en catro partes (poden ser reciclados, pero que teñan unha cara sin estar escrita), en cada parte debuxarás un monstruo “monster” ao que lle teñas medo, ou mesmo podes debuxar calquera cousa que che asuste, oscuridade, unha araña…    ( si tes máis de catro medos usarías máis folios. ).Según ti poidas, podes facer o debuxo ou escribir o nome.Poderás facer tantos medos como ti queiras.
Cando xa teñas todos os medos, aos que chamaremos “monstruos”. Un adulto ou un irmá/n maior, esconderá cada “monster”. A continuación, a escuras, hai que buscalos con unha linterna e metelos na “caixa de monster”.Deste xeito, poderedes telos no voso poder e comprobar que non dan tanto medo como podíamos pensar. Pero isto non queda aquí... xa demostraches que vales moito, pero para acadar este reto deberás facer outra proba.

2º XOGO “PINCHA MONSTRUOS”
Materiais:
-       Globos ( tantos como medos teña o nen@) ou folios de papel.
-       Pinturas lápices, rotuladores permanentes…
-       Agullas grosas ou palillos

Instruccións:
Opción globos:
Preparar os globos, podedes  debuxar “monstruos”(medos) ou pegar os que xa fixéchedes, no xogo anterior.O xogo consiste en pinchar os “ monstruos”.
Opción papeis:
Podedes usar os papeis que fixéchedes no xogo anterior. Tedes que cortar o folio en catro trozos, e debuxar ou escribir o nome do medo.Neste caso temos que cortalos en anaquiños facendo confetti, e botalos de un a outros como de unha festa se tratara.
Obxectivo do xogo:
Si te desfixeches dos “monstruos” NORABOA superaches o RETO
Que os nen@ se enfrenten aos seus medos “mostruos”, acercándose a eles, poñerlles nomes e que vexan que é moi sinxelo desfacerse deles. É o máis importante pàsar un rato divertido !!!
Espero que fose de axuda e pasáredes un ratiño divertido. Un bico

No hay comentarios:

Publicar un comentario