lunes, 25 de mayo de 2020
SEMANA DO 25 DE MAIO RETO A TRISTURA
Ola peques! Esta semana imos traballar a emoción da “ tristura”. É unha emoción básica que queremos controlar, rechazar e manter alonxada. Polo tanto canto menos a sintas mello, por iso dirémoslle ao neno que non debe chorar… así é como empeza o rechazo a tristura.Esto é un erro. Os nosos nen@s necesitan saber que todas as súas emocións son boas; aínda que nos doa moito escoitar os seus choros. Todos sentímonos tristes, as veces. Pero para iso necesitamos coñecer mellor aquelas cousas que poñen triste ao nos@ nen@.
1º RETO: DEBUXO A TRISTURA.
Materiais:
Folios para o debuxo Lápices de cores, rotuladores, ceras…
Instruccións:
Participamos todos os membros da familia que queiramos. Repartiremos unha folla de papel para cada un dos participantes. E temos que facer un debuxo que represente o que imos a preguntar.
Unha vez que fagamos o debuxo, teremos que contestar POR QUE?, é moi importante que o nen@ saiba explicar esoque fai. se o nen@ non sabe como explicalo, os adultos darán primeiro as explicacións para axudar ao nen@.
Cuestionario:
-Cal é o seu color máis triste? POR QUE?
-Cal é a sua comida máis triste? POR QUE?
-Cal é o seu animal máis triste? POR QUE?
-Cal é a escea máis triste dunha película ou conto? POR QUE?
-O máis triste?
Escoitar a cancion “La luna perdió su arete”
2º RETO: MANUALIDADES “AS DÚAS CARAS”
Materiais:
Plato de cartón, Tamén podedes usar unha cartulina, un cartón dunha caixa… Gomas elásticas.
Instruccións:
Realizar c@ nen@ unha careta de dúas caras co plato de cartón (se non tedes recortade a cartulina, ou o cartón de forma redondeada).Tedes que facerlle buratos para pasar a goma elástica. Por unha cara debuxar unha cara triste e pola outra unha cara alegre. Ben peques espero que disfrutedes dos retos!
Un biquiño moi grande é ata a próxima semana. E xa sabedes quen queira compartir os vosos debuxos e eperiencias, podedes mandarme un correo-e a msoniare@gmail.com
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario