sábado, 9 de mayo de 2020

SEMANA DO 11 DE MAIO RETO AS RABIETAS


Ola pequerrech@s, unha semana máis, propóñovos uns retos, esta vez toca falar das rabietas, esa emoción ante a que, ás veces, non sabemos como reaccionar. Controlar ese momento de nerviosismo, moitas veces, é complicado para o neno/a, pero intentaremos facer uns xogos para que sexa máis levadeiro, e se non, polo menos desfrutar dos retos.  

1º RETO ver o conto de “La rabieta de Julieta”.

 


2. RETO "REVENTA GLOBO"

Materiais: Globo
Para crear un ambiente de relaxación podedes poñer música relaxante. Premer a seguinte imaxe para escoitala.



Instruccións: Cóntaselles aos nenos que neste xogo o globo é parecido a unha persoa, é dicir, o globo pode inflarse e conter moito aire dentro (enfado, rabieta, como lle pasaba a Julieta), pero se o globo se pasa da cantidade de aire que pode ter dentro, reventa.

1º: Temos que estar sentados no chan, cóllese o globo e vaise inflando pero de maneira que o globo estoupe de tanto aire que ten. Para que o nen@ entenda que cando temos moito aire, (enfado) explotamos.
2º: Pedímoslle ao nen@ que pechen os ollos e imaxinen que son globos. Mentras que van collendo aire, eles inflanse como se foran globos. Logo, e despacio, poden desinflarse soamente botando o aire fóra.
3º E, por último, pedímoslles aos nenos que abran os ollos. En que situación sentiron que foron globos e deben soportar algo? Que fixo para solucionalo?

3. RETO "SÍNTETE UNHA ÁRBORE"

Con música relaxante de fondo. Facemos mímica co nen@, comezamos sendo unha semente plantada e pouco a pouco imos crecendo e florecendo (os movementos teñen que ser lentos, describindo como nace a planta, vai crecendo saíndolle ramas…) ata convertirnos nunha árbore grande. Cando terminemos o proceso de crecemento, facémolo a inversa, desde grande a pequeniño. O neno ten que imitar os nosos movementos.

Un biquiño peques é a conseguir o reto!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario