lunes, 18 de mayo de 2020
SEMANA DO 18 DE MAIO RETO AS RABIETAS 2
Ola pequech@s, unha semana máis adicámola a esta emoción que nos fai perder o control.
Para comezar imos a aprender unha canción que seguro nos fai relaxar un pouco. Preme na imaxe para escoitala.
1º RETO: A MARIONETA
Poñemos música relaxante para crear ambiente. Preme na imaxe.
Tumbamos ao nen@ nun lugar cómodo, e indicámoslle que poña todos os seus músculos ríxidos como unha barra de ferro (en tensión, explicámosllo facendo nós o mesmo), poñendo pernas, brazos, abdome ...moi ríxidos e decímoslle que ten que aguantar así ata contar 10… e, a continuación, decímoslle que ten que poñer frouxo o corpo, como unha “marioneta”. O ideal é facer o xogo xuntos… para que cando nos vexa, poida observar e rir un pouco cando facemos de marioneta, nós podemos esaxerar os movementos… Para que o neno poida ver en que momento podemos rir e pasalo ben ….cando somos marionetas ou ferro.
Este exercicio vainos servir para traballar a contracción e a relaxación muscular.
2º RETO: A BAILAR
Non hai nada como a música con movemento, para liberar as endorfinas, e relaxarse (non sempre ten que ser música relaxante).
Propóñovos que poñades algunha canción de just dance. Seguro que os nen@s vos sorprenden nos movementos , e por suposto reirémonos moito.
Obxetivo dos RETOS: Pasar un momento entretido cos nosos nen@, que aprendan a relaxarxe, con xogos, e sobre todo que nos vexan a nos relaxados e divertidos. Nas seguintes imaxes podes atopar just dance unha para bailar música de nen@s e outra para que eles compartan tamén a vosa música.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario