jueves, 25 de junio de 2020

CONTO "MORANDA"


Para as vacacións deixovos este conto de Paula Merlán, espero que vos guste.
Un bico moi grande vémonos para o curso que ven.
Disfrutade do verán!!



martes, 9 de junio de 2020

RETO PELÍCULA SEMANA DO 8 DE XUÑO

E xa para rematar co reto das emocións que mellor maneira que desfrutar da película que traballa moi ben este tema. Para estas dúas semanas, mándovos a última tarefa.
Para poder vela debedes premer na seguinte imaxe.


martes, 2 de junio de 2020

SEMANA DO 1 DE XUÑO RETO A TRISTURA 2

Esta semana seguimos ca emoción da tristura. Antes de comezar cos retos tedes que ver “Lágrimas bajo la cama” premendo na seguinte imaxe.



2º RETO: BOTE DE BÁGOAS 

Materiais:
-Bote de conservas
-Folios
Instruccións:
Propóñovos facer un bote das bagoas, para poñer dentro distintas emocións e situacións que nos ocurriron e nos fixeron sentir tristura. A idea é que podan escribir, facer un debuxo do que lle ocurriu, primeiro paso para facer a solución e que os nen@s sexan capaces de expresar o que lles pon triste. Cando este cheo, vaciamos o bote e leemos, veremos que as tristuras veñen e van, e que unha das mellores estratexias é aprender a aceptar a tristura.

Para o 3º reto tedes que ver o seguinte conto premendo na imaxe.



3ºRETO: CAIXA DOS SORRISOS

Materiais
-Caixa de zapatos.. 
-Papeis

Instruccións:
Esta actividade está relacionada co conto que acabades de ver. Todos sabemos que o mellor antídoto para a tristura son os sorrisos, por iso a proposta consiste en facer unha caixa chea de sorrisos, alí poñeremos papeliños nos que por un lado pintamos aquelo que nos fai sorrir (recordo, situación divertida…) e polo outro dibuxamos un gran sorriso. Cando o nen@a se sinta triste, desanimado, podemos ir a caixa dos sorrisos e buscar un, ou máis de un.