domingo, 26 de abril de 2020

SEMANA DO 4 MAIO ALEGRÍA


Ola peques, aquí estamos outra semana máis. O primeiro reto que vos propoño esta semana é descubrir o personaxe, para iso tes que atender moi ben ao que nos di a canción para averiguar de quen se trata. 

1º RETO, DESCUBRE AO PERSONAXE
Imos prepararnos para unha xornada de cariño e ledicia. Vainos axudar unha muller que é todo optimismo, amor e ALEGRÍA. E, como a música é a alegría da alma, imos empezar escoitando unha canción. Ademais, isto axudaranos a descubrir o o 1º Reto. Preme na imaxe para ver a canción.

 


 2º XOGO "O CABALIÑO CEGO"
Materiais: Venda ou pano para os ollos. 
Participantes: Adulto e un neno O adulto fai de cabalo, véndase os ollos. O xinete é o neno. 
Instruccións:
O xinete debe orientar ao seu cabalo  para poder desplazarse polo espazo, ao principio do xogo poñedes unha meta ata onde desplazarse. Debe saber dar indicacións para chegar a meta. Disfrutade do percorrido.

 3º XOGO "CARA DE PALLASO "
Materiais:
- Venda ou pano para os ollos 
- Barra de Labios 
- Sombra de ollos
- Maquillaxe 
(Se non dispón de todos os materiais non importa, cun par deles xa é suficente) 
Instruccións:
Empezamos polo nen@, ten que vendarseos ollos e prepáranse para maquillar ao adulto… Cando termine, faise do revés, agora ten que ser o adulto o que maquille cos ollos vendados ao nen@. Para rematar facer unha reportaxe fotográfica do resultado, deixar ao nen@ que vos saque fotos. Deste xeito quedará constancia do xogo, e cando o nen@se atope un pouco decaíd@ sempre podedes ver as fotos. 

 Obxectivo: Xogar, divertirse e sobre todo rir a carcaxadas. A disfrutar tod@s


E para rematar hoxe, propóñovos un reto final. Manualidade para o día da nai. Preme no regalo e poderás ver o vídeo para facer un agasallo coa axuda dun irmán, pai, avó, avoa..

                                          

No hay comentarios:

Publicar un comentario